Semente Ribeira Sacra, impulso á innovación e ao emprendemento no territorio

Ribeira Sacra
10 Xaneiro 2020
Economía
Redacción | 10 de xaneiro de 2020
Nestes días presentouse o Concurso Semente Ribeira Sacra, que premia a inciativa empresarial con 20.000 euros en distintas dotacións. Un primeiro premio de 10.000 euros, segundo de 7.000 e terceiro de 3.000 euros. A presentación de ideas comeza o 1 de xaneiro do 2020 a través da web www.sementeribeirasacra.org e remata o 16 de febreiro. A entrega de premios será o 9 de maio. Pode presentar a súa proposta calquera persoa cunha idea empresarial que dinamice o territorio. As bases do Concurso na web www.sementeribeirasacra.org
Esta convocatoria está impulsada pola Asociación Semente Monforte, que nacía no ano 2014 cando a Lotaría do Neno tocou en Monforte e a súa repercusión económica e social recaía na iniciativa de xerar máis dinamismo emprendedor. A este colectivo, unha especie de viveiro empresarial e formativo sumouse a colaboración da da Universidade, de empresas da zona e as Administracións locais, provincial e autonómica.

Agora chega xa o VI Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra coa idea de seguir habilitando respaldo e axudas a través da colaboración da iniciativa pública e privada. O Concurso que premia a inciativa empresarial contará con 20.000 euros en premios. Un primeiro premio de 10.000 euros, segundo de 7.000 e terceiro de 3.000 euros. A presentación de ideas comezou o 1 de xaneiro do 2020 a través da web www.sementeribeirasacra.org e remata o 16 de febreiro. A entrega de premios será o 9 de maio. Pode presentar a súa proposta calquera persoa cunha idea empresarial que dinamice o territorio. As bases do Concurso  están na web www.sementeribeirasacra.org.

Os obxectivos están na aposta polo talento e a dinamización da economía dende un prisma que teña en conta a “identidade territorial”, a dixitalización e a sustentabilidade, tal e como sinalou o conselleiro de Economía, Francisco Conde, no lanzamento da presente edición. Premiaranse as ideas innovadoras tendo tamén en conta a oportunidade que supón para o territorio a candidatura a Patrimonio da Humanidade e Reserva da Biosfera.

Os proxectos para este Concurso poden vir de calquera lugar, pero faise un especial chamamento a aqueles vinculados ao territorio da Ribeira Sacra. O Alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, como Presidente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, referiuse á importancia de que este proxecto se abra a toda a Ribeira Sacra.

Concello
Ribeira Sacra
Ribeira Sacra