Tarde máxica no Pazo de Sober coa xira de Carlos Núñez

Sober
22 Agosto 2020
Cultura
Redacción | 23 de setembro de 2020
Maxia do lugar e maxia no ambiente creada pola música de Carlos Núñez e as/os seus artistas acompañantes. Apertamos o outono cun dos actos culturais máis fermosos que nos deixou este verán na Ribeira Sacra: a xira lugares máxicos recalou no Pazo de Sober o pasado 22 do mes de agosto para deixarnos intres de pel de galiña nos que puidemos saciar esta sede de arte e cultura en vivo. Tempos nos que as emocións se sinten máis e nos que os concertos tamén se poden facer cálidos pese ás distancias. Neste vídeo gozamos dos temas musicais en directo no propio día: Amencer e Mambo (grazas a Keltia Producións)
Concello