Viaxe á Fervenza de Augacaída polo Miño

Pantón
29 Xullo 2019
Turismo
Redacción | 29 de xullo de 2019
A Ribeira Sacra agocha incontables segredos e innumerables agochos de contacto coa natureza pura. A fervenza de Augacaída, na parroquia de Marce, en Pantón, era ata hai uns anos un deses recunchos coñecidos tan só por unha parte da veciñanza. Hoxe unha fermosa ruta de sendeirismo leva a ela con maior accesibilidade rematando nunha pasarela de madeira que encaixa na verticalidade do contorno. Isto permite compartir unha desas belezas universais como é a caída da auga en calquera lugar do mundo, unha experiencia de sensacións, desas nas que entran en xogo os cinco sentidos. En definitiva, unha viaxe de emocións que se van facendo intensas cun contorno único- que nós percorremos navegando o Miño ata chegar ao pé da caída duns 40 metros do regato de Aguianza cara o río Miño.  Marabillas!
Concello
Concello Pantón
Pantón Saber máis