Vida con arte no rural. Encontro para a esperanza no Cinema Palleiriso

Chantada
17 Xullo 2020
Desenvolvemento
Redacción | 17 de xullo de 2020
Un cinema nun palleiro, un cineasta que quere desenvolver as posibilidades do monte e da agricultura nun escenario de película, unha antiga ferrería que volve prender como residencia para artesáns e artistas, un festival na Ribeira do Miño, casas para retiros con contido na natureza, lugares para a esperanza e proxectos con arte para volver darlle vida ao rural.Desenvolvemento sustentable e redes comunitarias que dialogan e queren visibilizar a volta á terra en todos os xeitos e formas de vida posibles. Algo está pasando e vímolo o luns en Garabelos, na casa de Anxo Moure, no Cinema Palleiriso, e nunha xuntanza coordinada por Cristina Castro.
Concello
Concello Chantada
Chantada Saber máis