Xantar cumpre 20 anos como escaparate do turismo enogastronómico

Ribeira Sacra
8 Febreiro 2019
Turismo
Redacción | 7 de febreiro de 2019
Xantar é, aparte dunha das palabras máis características da lingua e cultura galegas, o nome do Salón Internacional de Turismo Gastronómico que se celebra dende hai exactamente 20 anos no recinto de Expourense. Do 6 ao 10 de febreiro está aberto a profesionais e público amante da gastronomía, do turismo e da enoloxía. Demos un paseo polos máis de 283 expositores nos que están representados unha ducia de países. Parada especial nos recunchos máis vistosos e saborosos relacionados coa Ribeira Sacra. Show- cookings, encontros sectoriais, empresas, túnel do viño, restaurantes e menús superan unhas 200 experiencias. O país convidado desta volta: Brasil.
Concello
Ribeira Sacra
Ribeira Sacra