Xuntas no xogo: a igualdade de xénero a debate no patio escolar

Chantada
9 Xuño 2020
Educación
Redacción | 9 de xuño de 2020
O alumnado do Ceip Xoan de Requeixo de Chantada inaugura unha serie de vídeos resultado da 'Campaña de sensibilización en materia de igualdade e prevención contra a violencia machista dirixida especialmente á poboación infantil e xuvenil'. Trátase dun proxecto de obradoiros audiovisuais de varias sesións impulsado pola concellería de Igualdade do Concello de Chantada durante o curso escolar, en colaboración co CIM. Foi financiado en 2019 con fondos do Pacto de Estado de Estado contra a violencia de xénero, a través da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, dende a Secretaría Xeral de Igualdade.
Concello
Concello Chantada
Chantada Saber máis