Vestixios de Proencia en exposición
O arqueólogo e director das sondaxes feitas no xacemento romano de Proendos, Francisco Alonso Toucido, e o Alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, inauguraron na Oficina Municipal de Turismo a exposición permanente dos materiais atopados nos traballos realizados na antiga Proencia no outono de 2020, cedidos en depósito polo Museo Provincial. Nestes días previos á feira do Viño de Amandi xa están dispoñibles para quen queira velos na Oficina Municipal de Turismo. O horario é de luns a mércores de 10 a 14:00 horas e de xoves a domingo de 10:00 a 20:00 horas.
A mostra forma parte das actividades do Mes do Amandi, unha programación que complementa a XLI Feira do Viño de Amandi, que terá lugar en Sober os días 11 e 12 de agosto.