Licenzas

Contidos e recursos

 

Os contidos do medio dixital Canle Ribeira Sacra, ben sexan textuais, fotográficos ou audiovisuais, están publicados baixo licenzas libres. A máis empregada neste medio é a Creative Commons Atribución-Non Comercial. Non derivadas 4.0 Internacional(CC BY-NC-ND 4.0). Na súa maioría os contidos aloxados son de produción propia epoderán, salvo que se indique de xeito explícito, ser reproducidos parcial ou de xeito íntegro e distribuídos mentres sexa coa mesma licenza e que o seu uso non sexa con fins comerciais. Os contidos de produción externa están licenciados de xeito específico e será debidamente indicado en cada un dos casos. Se unha entidade ou particular solicita o seu emprego alen dos marcos da licenza atrubuída a asociación Airoá Comunicación valorará a súa cesión baixo determinadas cláusulas previo contacto a través do formulario web ou do correo electrónico info@canleribeirasacra.gal.

Plataforma Canle Ribeira Sacra 

A Plataforma web Canle Ribeira Sacra foi desenvolvida -salvo plugins específicos necesarios para o funcionamento óptimo da Plataforma – baixo a filosofía do software libre co fin de que o seu código fonte poda ser analizado, empregado, modificado e compartido por terceiros. A licenza baixo a cal se publica é Creative Commons Atribución -NonComercial 4.0 International(CC BY-NC 4.0), que permite a súa distribución e adaptación sen fin comercial sempre e cando se cite a fonte. A Plataforma está integrada por dous xestores de contidos conectados: WordPress e Geozzy. WordPress, está rexistrado baixo a GNU General Public License GPLv2 recoñecida pola Free Software Foundation. Para ver máis información: ler as especificidades da licenza aquí. Ingenyus Marketing Inteligente S.L parte desta tecnoloxíae  elabora un tema propio para Canle Ribeira Sacra. Geozzy é un CMS da creación de Innoto Gestion Para El Desarrollo Social S.l. Está publicado baixo a GNU General Public License GPLv3. Para ver máis información aquí.