
Taboada reuniuse en torno ao caldo de ósos con apetito festivo
Taboada
20 Febreiro 2023
Canle Ribeira Sacra
Social
Emoción e recoñecemento mesturáronse, como afirmou o pregoeiro, Francisco de Romualdo, na XXXI Festa do Caldo de Ósos a pasada fin de semana. Taboada saboreou aqueles ingredientes “que van máis aló dos garavanzos, os ósos da soá e a charouvía e que son son ese compartir cos amigos e coa veciñanza” reivindicar a vida local, o rural e a identidade. Aquí vos deixamos unha reportaxe do noso paso pola vila do carballo na súa gran festa.

Sen Pelos na Lingua. Historias de Neofalantes. Crystilandia Vázquez
Saviñao
13 Febreiro 2023
Canle Ribeira Sacra
Educación
Sen Pelos na Lingua. Historias de Neofalantes’ é unha serie de sete pezas audiovisuais que relatan, a través de distintos perfís persoais, diferentes historias de amor pola lingua que unen a persoas de distintas orixes e procedencias que integran ese esperanzador colectivo dos novos falantes do galego. A finais do ano 2021 Chantada Comunicación S.L. e a Canle Ribeira Sacra colaboraron neste proxecto audiovisual enfocado na difusión da lingua galega e no fomento da autoestima e a posta en valor do uso xeralizado do galego co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Alfonso Campos, un home de lendas
Sober
30 Novembro 2022
Canle Ribeira Sacra
Patrimonio
Homes e mulleres como Alfonso Campo gardan baixo a ollada limpa e profunda a infinita curiosidade e o amor pola terra. Humanistas de aquí e de hoxe amarrados á antropoloxía do método e, sobre todo, á de patear os camiños, á de escoitar a memoria e á de transmitir as lendas que explican o territorio.

39ª Feira do Viño de Chantada. O reencontro co viño, co territorio e coa xente
Chantada
12 Xuño 2022
Canle Ribeira Sacra
Viño
Na Feira do Viño de Chantada participaron preto dunha quincena de adegas. Foi a volta do contacto entre veciñanza, adegueiros e visitantes nunha cita moi simbólica despois da pandemia iniciada xusto despois da última celebración deste evento en 2020.

A feira do viño de Amandi volveu encher Sober
Sober
8 Abril 2022
Canle Ribeira Sacra
Viño
“Eu son froito desta terra. Eu nacín aquí e con esta chuvia e este sol fun madurando”. Coma os viños de Amandi, Chechu Salgado, actor orixinario desta terra e recoñecido cun premio Goya, pronunciou o pregón da XLII Feira do Viño de Amandi, un encontro que volveu encher Sober nunha fin de semana de homenaxe ao mundo do viño.

ARQUEOLOXÍA PARA QUEN? RIBEIRA SACRA PARA QUEN?
A Pobra do Brollón
17 Marzo 2022
Canle Ribeira Sacra
Patrimonio
"Unicamente a través dos estudos críticos (e da autocrítica) poderemos ser útiles para as nosas comunidades da Ribeira Sacra nestes combates pola Historia.A Arqueoloxía que facemos na nosa terra é para con elas, as comunidades. O que non sabemos (ou si) é para quen é ese constructo chamado Ribeira Sacra".
Xurxo Ayán. Arqueólogo.

Sementes na Terra: Alimentando o Futuro
Pantón
30 Decembro 2021
Canle Ribeira Sacra
Sector Primario
Xosé García Freire ábrenos as portas da súa granxa Casa da Fonte e da súa vida conectada co mundo dende a terra. Gandería sostible, rexenerativa e futuro posible contra o despoboamento e o abandono.Na #RibeiraSacra trabállanse soños e créanse modelos.
Penas do Castelo, un dos primeiros castros do noroeste peninsular?
A Pobra do Brollón
28 Decembro 2021
Canle Ribeira Sacra
Patrimonio
As probas de carbono 14 revelan que o enigmático xacemento de Penas do Castelo - Arqueoloxía de Aldea podería ser un dos asentamentos castrexos documentados máis antigos de Galicia. Unha misteriosa e descomunal muralla en forte pendente que data dun momento de transición da Idade do Bronce á do Ferro segue a xerar incógnitas e enigmas que a veciñanza de Salcedo, no Concello A Pobra Do Brollón, se empeñará en desvelar e abrir a toda a comunidade na #RibeiraSacra.

A comunidade, máis que patrimonio e o territorio, máis que unha marca
Pantón
17 Decembro 2021
Canle Ribeira Sacra
Patrimonio
Volver falar de territorio e non de ‘marca’ Ribeira Sacra é a pista que pode reorientarnos cara a un futuro verdadeiramente sostible. Pero sostible para todas, incluída a comunidade que o habita. A nova estratexia da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade integra moi ben no discurso oficial a participación da comunidade local, o protagonismo da veciñanza. Demostrarase andando, nesta nova parte do camiño. Porque a veciñanza, claro, é tamén Patrimonio, pero non esquezamos que, sobre todo, é Humanidade.
Sober terá a súa Aula Mentor para achegar formación da poboación adulta
Sober
10 Decembro 2021
Canle Ribeira Sacra
Educación
O Concello de Sober súmase ao programa de formación aberta ‘Aula Mentor’. As aulas mentor proporcionan unha oferta formativa de carácter non formal que se adapta ás necesidades da poboación adulta.

Novos traballos para amosar máis do hórreum romano de Proendos
Sober
29 Novembro 2021
Canle Ribeira Sacra
Patrimonio
Os segredos da antiga Proencia, asentamento romano en Sober suman visibilidade cunha nova campaña arqueolóxica que pecha o ano na parroquia de Proendos. A Xunta e o Concello de Sober impulsan estes días novos traballos para protexer e ampliar a vista do hórreum aparecido xa na campaña do pasado ano. Trátase dunha estrutura que parece ser única en Galicia e que quedará mellor preparada para as visitas a este xacemento romano que data alomenos do século I ao V.

Taboada incorpora o servizo de xantar na casa
Taboada
29 Novembro 2021
Canle Ribeira Sacra
Social
O Concello de Taboada ven de incorporar o servizo de Xantar na Casa coa colaboración de Política Social da Xunta de Galicia. O programa de atención alimentaria a domicilio Xantar na casa beneficiará a unha decena de veciñas e veciños maiores ou dependentes

Convenio para a promoción turística da Ribeira Sacra
Sober
23 Novembro 2021
Canle Ribeira Sacra
Turismo
O Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra e a Xunta asinaron hoxe un convenio polo que o Goberno Galego destina 50.000 euros para financiar accións de promoción desenvolvidas este ano. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, explicou que os fondos van destinados ás iniciativas do Xeodestino encamiñadas a consolidar a oferta vencellada á viticultura e á natureza, así como o turismo familiar.

Fernando Ibarra. A Verba Viva. Protagonistas
Chantada
18 Novembro 2021
Canle Ribeira Sacra
Patrimonio
Carpinteiro da ribeira, amante do patrimonio material e da inmaterialidade que representa. Constrúe e sabe das barcas de paso, dos batuxos, das pipas do viño e de todo o que estime a súa madeira de artista artesán. El é Fernando Ibarra, outro dos nosos queridísimos protagonistas do documental 'A verba viva'. Ribeira Sacra. Paisaxe Cultural e Patrimonio Lingüístico.

Reforzo do grupo de traballo da candidatura da Ribeira Sacra ante a Unesco
Ribeira Sacra
15 Novembro 2021
Canle Ribeira Sacra
Patrimonio
A Xunta de Galicia amplía o grupo de traballo da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial. Xa se anunciara hai algunha semana a incorporación de “novos perfís que axuden a buscar novos e complementarios argumentos e xustificacións co fin de conseguir o máximo recoñecemento da Unesco”. Isabel Aguirre, directora da Escola Galega de Paisaxe; Felipe Criado, director do Incipit, e os catedráticos da USC, Lorenzo Fernández Prieto e Rubén Lois procurarán novos e complementarios argumentos e xustificacións que permitan conseguir o máximo recoñecemento da Unesco.

O Preguntoiro: A memoria das pedras nas orixes da Ribeira Sacra
Pantón
12 Novembro 2021
Canle Ribeira Sacra
Patrimonio
O descubrimento dos muros da capela de San Xoán Degolado e novos espazos próximos ás tumbas antropomorfas do Preguntoiro, cheos de símbolos que apuntan aos primeiros ritos cristiáns, son algúns dos tesouros dun emocionante proxecto en Pantón. Remata a campaña arqueolóxica que destapa os segredos dun espazo sacro, seguramente dende a prehistoria, que percorre en vertical a transformación e conformación da paisaxe á que chamamos Ribeira Sacra

Tráiler documental 'A Verba Viva'. Ribeira Sacra. Paisaxe Cultural e Patrimonio Lingüístico.
Ribeira Sacra
3 Novembro 2021
Canle Ribeira Sacra
Patrimonio
‘A verba viva’ é un percorrido pola Ribeira Sacra dende moi adentro. Unha viaxe audiovisual por unha paisaxe cultural única que só pode ser entendida dende o patrimonio humano. Son os ribeiraos e as ribeirás protagonistas dun relato que nos leva á verdadeira identidade do territorio. O obxectivo é recoller, rescatar e divulgar parte dun extenso vocabulario aínda vivo en pequenos recunchos e sobre todo na memoria das persoas que conservan xeitos de vida da ribeira.O documental, de algo máis de unha hora de duración, está producido por Chantada Comunicación e conta co impulso da Dirección Xeral de Política Lingüística e está dirixido por Lorena Gallardo e Humberto Novoa.

San Pedro Rocas, Premio Cultura Galega 2021 ao Patrimonio Cultural
Esgos
3 Novembro 2021
Canle Ribeira Sacra
Patrimonio
Os Premios da Cultura Galega 2021 distiguen ao Mosteiro de San Pedro de Rocas na categoría de Patrimonio Cultural. O xurado descríbeo como "o conxunto cenobítico mais antigo de Galicia, ademais de ser un singular exemplo de igrexa rupestre, escabada na rocha viva na Ribeira Sacra.

A Xunta anuncia un novo tempo de diálogo para a candidatura da Ribeira Sacra ante a Unesco
Ribeira Sacra
26 Outubro 2021
Canle Ribeira Sacra
Patrimonio
A Xunta informou dos avances no reinicio da candidatura da Ribeira Sacra para ser declarada Patrimonio Mundial pola Unesco. A Consellería de Cultura reuniuse esta semana con representantes do Ministerio de Cultura e do Icomos e anuncioiu que se vai ampliar o equipo técnico que traballa na candidatura "co fin de incorporar novos perfís". Ao mesmo tempo, "vaise intensificar o contacto coas administracións implicadas así como cos propios veciños". O propósito, din dende Cultura é "inaugurar e ampliar un novo proceso de diálogo que permita intensificar a nosa estratexia e dar un novo impulso á candidatura da Ribeira Sacra”.

Bexán: "A memoria, primeiro lugar onde ir"
Saviñao
25 Outubro 2021
Canle Ribeira Sacra
Cultura,Memoria,Social
Béxán é o nome da aldea que estes días foi obxecto dunha intervención cultural na que, como ocorre en raras ocasións, a comunidade local ten protagonismo máis aló da teoría, máis aló fotografía.‘In Memoriam’ é o nome desta iniciativa impulsada pola nacente Asociación Cultural Artística Sacra e quere render homenaxe aos últimos habitantes deste fermoso núcleo pertencente á parroquia de Diomondi, no Saviñao, ao tempo que chama a atención sobre o drama do despoboamento no rural.