Chantada viaxou no tempo co Folión de Carros 2023

Chantada
28 Agosto 2023
Patrimonio
Memoria
Redacción | Chantada, 28 agosto 2023
O final de agosto chega na Ribeira Sacra cunha ollada á historia e ao pasado, á etnografía e ás escenas da sociedade rural e vilega a través do Folión de Carros de Chantada. A localidade gozou durante toda a xornada do ambiente "carroceiro" máis participativo e celebrou o desfile de carros do país e plataformas que sustentaron arredor dunha ducia de relatos das identidades da comunidade local máis antiga e contemporánea nesta Festa de Interese Turístico Galego.
Concello
Concello Chantada
Chantada Saber máis