Penas do Castelo, un dos primeiros castros do noroeste peninsular?

A Pobra do Brollón
28 Decembro 2021
Patrimonio
Redacción | 28 de decembro de 2021
As probas de carbono 14 revelan que o enigmático xacemento de Penas do Castelo - Arqueoloxía de Aldea podería ser un dos asentamentos castrexos documentados máis antigos de Galicia. Unha misteriosa e descomunal muralla en forte pendente que data dun momento de transición da Idade do Bronce á do Ferro segue a xerar incógnitas e enigmas que a veciñanza de Salcedo, no Concello A Pobra Do Brollón, se empeñará en desvelar e abrir a toda a comunidade na #RibeiraSacra.
Imaxes paisaxe e traballos de campo cedidas por Penas do Castelo - Arqueoloxía de Aldea
Concello