Cargando Eventos

Catas de iniciación na Ribeira Sacra

Estes días está en marcha unha actividade moi agardada pola veciñanza habitualmente. As catas de iniciación ao mundo do viño son unha acción formativa e divulgativa inmellorable para achegarse aos nosos viños e interesarse por un mundo tan rico. En principio, neste caso, segundo se sinala, estarían dirixidas inicialmente a persoas vencelladas profesionalmente e de xeito directo cos sectores produtivos da agricultura, gandería, industria agroalimentaria e cadea forestal ou con vontade de incorporarse a estas actividades

Repartidas ao longo da xeografía que afecta ás ribeiras amparadas pola D.O. As catas, dirixidas pola enóloga Mercedes González. Repartiranse entre os meses de setembro e eutubro comezando por Monforte e rematando en Portomarín.

Para inscribirse é preciso facelo a través do enderezo electrónico mercedes.embajadora@gmail.com ou no teléfono 689 292 675. O horario das catas co título ‘Achegamento do pobo o Mundo do Viño’ é de 17. 30h. a 21.30h.

SETEMBRO

DÍA 1: MONFORTE/ DÍA 7 :SOBER /DÍA 8: PANTÓN/ DÍA21: TABOADA / DÍA22: CHANTADA/ DÍA 28: CASTRO CALDELAS/ DÍA 29: A TEIXEIRA

OUTUBRO

DÍA 6 : QUIROGA/ DÍA 7: A POBRA DO BROLLÓN/ DÍA 26: PARADA DE SIL /DÍA 27: PORTOMARÍN

NOVEMEBRO

DÍA10: O SAVIÑAO

Esta actividade está organizada pola AGACAL coa colaboración do Ministerio de Agricultura e co financiada pola Xunta e con fondos europeos. Colabora a D. O. Ribeira Sacra

 

 

 

2 septiembre, 2021 - 27 octubre, 2021

5:30 pm a 9:30 pm

Sin localización