Charla Controversias e tabús na saúde da muller
O sábado, 11 de decembro, ás 18:00 horas, no Auditorio Municipal de Chantada terá lugar unha charla coloquio sobre controversias e tabús na saúde da muller coa Dra. Mariña Sánchez Andrade. Trátase dun evento organizado polo colectivo feminista Polamiúda. Sánchez é especialista en xinecoloxía e obstetricia. Abordará temas aos que non sempre é doado ter acceso e reflexionará sobre a importancia que teñen para a saúde das mulleres.
Cunha ollada feminista e transformadora, poñeremos o foco de atención no virus do papiloma, a menopausia, o desexo sexual hipoactivo e a incontinencia urinaria.