25 de Novembro. Contra as Violencias
O 25 de novembro celébrase o Día contra a Violencia de Xénero e en Chantada haberá accións abertas da man do colectivo feminista Polamiúda. Os actos Contra as Violencias comezarán ás 16.00h. no Cinema Palleiriso, na aldea de Garabelos, nunha actividade na que haberá a música para a Igualdade a cargo de Pan sen Fron. Este é un acto organizado por Cris Castro, Marta Fada e Anxo Moure. Xa ás 18.30 h.da tarde terá lugar a lectura dun manifestó no auditorio municipal de Chantada a cargo da asociación Polamiúda. Con posterioridade terá lugar a proxección do documental Benvidas ao Club, sobre a operación Carioca, seguido dun coloquio.