Cargando Eventos

8M na Compañía

Organizador: FemForte

O 8M terá en Monforte unha mobilización na rúa. Chamamento do colectivo feminista local FemForte pretende alzar a voz en prol da igualdade cunha cita ás 20.00h no amplo espazo que ofrece a Praza da Compañía.

Marcaranse lugares con xiz para respectar máis facilmente as distancias de seguridade por mor da pandemia e lerase o manifesto ‘Sen coidados non hai vida’. Loxicamente é obrigado, como en todos os lugares, levar a máscara sanitaria.

8 marzo, 2021

8:00 pm - 8:30 pm

Monforte de Lemos

Monforte de Lemos, Lugo
+ Google Map