Cargando Eventos

Accións contra a violencia machista

Organizador: Centro de Información á Muller Chantada

O Centro de Información ás Mulleres en Chantada ten previstas varias actividades de sensibilización arredor do día 25 de Novembro. Levaronse a cabo obradoiros ca mocidade de 3º da ESO dos IES Val do Asma e Lama das Quendas, coa rapazada de 6º de primaria dos CEIP Eloisa Rivadulla e Xoan de Requeixo dentro dun programa da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia. Cos grupos de traballo elaboraronse unha serie de pezas audiovisuais que se proxectarán, ó longo do mes de decembro, no auditorio de Chantada.

Por outro lado este venres e sábado terá lugar o curso de auto defensa para mulleres, tamén impulsado dende este organismo e que terá lugar nas instalacións da piscina municipal de Chantada.

Por outra banda, o propio luns, 25 de novembro, farase unha concentración en repulsa ás violencias machistas, na praza do Cantón ás 13: 30 h. Trátase dun acto simbólico o que está convidada toda a cidadanía.

O 23 de decembro abrirase a Exposición “15 VISIÓNS-EXPRESSARTE”.no auditorio de Chantada  e prolongarase deica o 7 de xaneiro.

No mes de decembro proxectarase no auditorio “Volar”. Un filme con testimonios reais de mulleres que sufriron a violencia machista e a súa traxectoria vital.

22 noviembre, 2019 - 23 diciembre, 2019

8:00 am a 5:00 pm

Chantada

Chantada, Lugo Spain
+ Google Map