Cargando Eventos

Andaina Mulleres polo Patrimonio

A Rede do Patrimonio Cultural e O Sorriso de Daniel organizan unha ruta de sendeirismo polas pasarelas do río Mao. É a andaina Mulleres polo Patrimonio que partirá ás 9.30 h. de Barxacova, en Parada de Sil. Haberá xantar informal no que cadaquén achegará os alimentos que poida e seguramente xurdirán debates, contos e cantos. Será o día 2 de xuño e as inscricións deben facerse a través do enderezo electrónico redepatrimonio@gmail.com

 

2 junio, 2019

9:30 am - 5:30 pm

Parada de Sil

Barxacova
Parada de Sil, 32748 Spain
+ Google Map