Cargando Eventos

Bota a andar a Escola de Música Xoán Montes

Organizadores: Escola de Música Xoán Montes ; Escola de Música Xoán Montes

Se queres estudar música en Taboada, xa tes aberto o prazo de inscrición na nova escola creada pola Asociación Cultural Xoán Montes. A oferta formativa está dirixida a alumnado de todas as idades. Un dos propósitos é a creación ou máis ben recuperación da Banda de Música, que leva case dous anos sen actividade. A escola contará con profesorrado especializado que impartirá materias de todos os instrumentos de vento e percusión e poderá ampliarse a oferta, baixo demanda, a piano, guitarra, acordeón e, nun futuro, de cara á música tradicional e grupos de pop ou rock para que todas as agrupacións poidan ter cabida. Este proxecto está empurrado pola Asociación Cultural Xoán Montes e dirxido polo músico profesional, director da Banda de Sober, Miguel Franqueiro, recoñecido tubista no ámbito internacional. O concello colaborará directamente con esta escola.

Máis información e matrículas a través do correo electrónico a musicataboada@gmail.com ou do número de teléfono 620222561.

19 septiembre, 2019 - 30 noviembre, 2019

Taboada

Taboada
Taboada, Lugo Spain
+ Google Map