Cargando Eventos

Campionato Galego de Equitación

Unha vez máis a escola hípica La Cruz de Taboada acolle unha importante competición deportiva na modalidade de concurso completo. Será o 31 de agosto e a entrada é de balde para o público. Dende as 10.00h. deica  a última hora da tarde poderase ver o concurso con doma, saltos e campo.

A competición consta de 3 probas, a de Doma será ás10 h. nas instalacións de La Cruz, o Salto en Pista  terá lugar ás 13 h. nas instalacións da Chousa Nova e a parte de Cross  ás 17 h. A escola hípica xa celebrou a primeiros do verán dçous concursos sociais para poñer a proba estas instalacións, neste caso foron as monfortinas Sara e Eva Wilmot as vencedoras.  A organización terá a dispor dos e das deportistas e tamén para o público xeral un servizo de comidas para poder xantar na Chousa Nova. Nesta cita agárdase a participación de medio cento de xinetes. O que queren dende o club de equitación desta parroqua taboadesa é que se consolide este campionato e se poña en valor esta modalidade hípica en Galicia poñendo en valor as zonas do rural para este tipo de disciplinas e combinar ocio, deporte e conexión coa natureza.

Taboada

A Cruz
Taboada, Lugo 27555 Spain
+ Google Map