Cantos, contos e clown no exterior da biblioteca
Dentro da Programación de animación á lectura que se leva a cabo por parte das bibliotecas galegas, o programa Ler Conta Moito achega a través da biblioteca municipal Eloísa Ribadulla de Chantada, tres espectáculos educativos ao aire libre coa colaboración da Consellería de Cultura.
Este xoves, 13 de agosto,ás 12.00h da mañá na Praza do Mercado haberá unha actuación de clan a cargo de Mere Clown: ‘A verdadeira historia de Hamelín’
O xoves 20 de agosto, no mesmo lugar e á mesma hora a cita será con Canta Contos.
O 27 de agosto, tamén xoves, volverán as recomendacións para nenas e nenos a través da montaxe As Parabolas de Pakolas.