Cargando Eventos

Cinema de verán na praza

Organizador: Concello de Taboada

Cinema Seguro para gozar este verán en Taboada. O Concello ten en marcha unha programación que comezará o día 4 de agosto coa proxección de ‘Padre no hay más que uno’ ás 22.30h na Praza de Riazón,  Alameda de Taboada.

Á mesma hora no mesmo lugar proxectarase o día 10 ‘O que arde’, de Oliver Laxe. Eroski Paraíso será o filme que se exhibirá o día 14 de agosto. Xa o 1 de setemebro o ciclo de cinema rematará con ‘Angry Birds’.

 

4 agosto, 2020 - 1 septiembre, 2020

10:30 pm a 11:30 pm

Taboada

Taboada, Lugo 27550
+ Google Map