Cargando Eventos

Curso de ‘baños de bosque’ para o sector turístico

Turismo de Benestar e de Crecemento Persoal é tendencia. Dende o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra relaciónan isto co turismo de calidade e posta en valor do territorio. Para isto van poñer en marcha un curso de Baños de Bosque e Benestar en contornos turísticas, que se celebrará os próximos días 2, 3 e 4 de outubro 2019.

 

Os retiros de mindfulness, ioga ou os Baños de Bosque son algunhas das actividades en crecente demanda no ámbito mundial. Estes últimos empezáronse a practicar en Xapón, onde reciben o nome de Shinrin- Yoku. Só neste país, xa teñen uns catro millóns de usuarios cada ano. O goberno xaponés, desde que se empezou a practicar, destinou millóns de dólares para estudar os seus efectos saudables. Actualmente hai dispoñibles moitos estudos que conclúen que pasar de vinte minutos a dúas horas nun bosque, reduce a tensión e a ansiedade en máis dun cincuenta por cen, así como o azucre no sangue e axudan á estabilización do ritmo cardíaco.

Segundo a información que achega o ente turístico nos bosques atopamos unha serie de substancias volátiles, chamadas Fitoncidas, así como bacterias que son moi beneficiosas para o noso organismo. Pero tamén están os sons e silencios do bosque e do monte que dende sempre sabemos que nos achegaron benestar. O Mindful Travel é un fenómeno que medrou en máis dun 40% dende 2014 e é vista como unha oportunidade para o sector turístico tendo en conta o potencial natural do territorio da Ribeira Sacra. Por isto este curso está dirixido a  empresarios turísticos e persoas que queiran aprender a deseñar e realizar baños de bosque para grupos. A formación tamén terá en conta a necesidade de sacar  ferramentas e capacidades, como a creatividade e a atención plena. Edgar Tarrés, será o encargado de impartir esete curso, é un experto en experiencias e consultor Mindful Travel. Dirixe o posgrao Turismo e Espiritualidade da Fundación Universidade de Xirona, e é profesor de Mindfulness, Creatividade, Benestar e Felicidade na Universidade de Xirona e a UNED/UNED de Pontevedra, a través da súa empresa MINDFULKIT. hai 20 prazas e o curso ten unha duración de 20 horas repartidas entre a Casa das Árbores de Chantada e outras zonas de bosque da Ribeira Sacra.

Máis info e inscricións en: BAÑOS DE BOSQUE_RS_2019

2 octubre, 2019 - 4 octubre, 2019

Ribeira Sacra

Garabelos
Chantada, Lugo 27518 Spain
+ Google Map