Dez domingos para completar o Camiño de Inverno
Xa quedan menos domingos para completar o Camiño de Inverno. O Concello de A Pobra do Brollón, a través do plan O Teu Xacobeo da Xunta, organiza rutas de balde polo Camiño de Inverno.Completarase a ruta xacobea nesta segunda fase dende Rodeiro en cinco etapas durante o mes de marzo.
As xornadas comezarán ás 8 da mañá, hora de saída do bus da Pobra do Brollón xunto ao cuartel. Rematará cada ruta á hora de xantar. Despois do xantar visitarase algún lugar de interese antes de volver á Pobra. Para inscribirse no 982 430 001 ou no correo concellodapobradobrollon.gal antes do mércores previo a cada etapa.