Exames universitarios dende Carballedo
A aula Cemit de Carballedo, situada na casa do Concello, na Barrela está preparada para ofrecer o servizo de realización de exames universitarios nos meses de xuño e xullo. O concello de Carballedo participa na iniciativa para a realización dos exames universitarios na aula CeMIT, froito do convenio de colaboración asinado entre AMTEGA, as tres Universidades galegas e a FEGAMP. Os estudantes universitarios que queiran facer uso deste servizo terán que:
1º Darse de alta como usuario/a da Rede CeMIT en Carballedo
https://aulascemit.xunta.es/usuarios/spring/usuarios
2º Reservar praza na aula
https://cemit.xunta.gal/buscador
3º Agardar a confirmación da praza
4º Acudir a aula para realizar o exame