Esgrafiados no Espazo Xove de Chantada
Organizador:
Espazo Xove de Chantada
Desde o día 1 de febreiro e ata o 28, todos os que pasen polo Espazo Xove da Casa da Xuventude de Chantada poderán saber máis sobre unha parte do noso patrimonio pouco coñecida como son os esgrafiados. Mar López Sotelo é a autora das fotografías que compoñen esta exposición que amosa o arte do encalado nos muros de pedra na arquitectura popular do rural , en especial as dos concellos de Taboada, Chantada, O Saviñao e Monforte de Lemos .