Cargando Eventos

Festival Castañazo Rock 2019

Chegou o momento do gran festival do Outono. O Castañazo Rock regresa como referente musical na Ribeira Sacra e cun cartel ben variado que deixará na vila de Chantada a visita de milleiros de visitantes e o goce da veciñanza a través das actividades que se espallan polas rúas. Será os días 1 e 2 de novembro, coma sempre no mercado gandeiro para os concertos nocturnos e en distintos recunchos da vila para as accións que chegan a todos os públicos como son o Castañazo Infantil e os Cantos de Taberna. Coma sempre, haberá acampada de balde , e a venda anticipada das entradas prolongarase deica o 31 de outubro.

O venres 31 o cartel achegará os concertos de SFDK/ KOMA/Dios que te Crew/Skacha/Ezetaerre/Huntza

O sábado2 de novembro a música no mercado gandeiro será cousa de Sociedad Alkoholica/ narco/Nao/Auxili/Balkan Bomba e Mekanica Rolling Band.

Máis información: www.castañazo.com

 

1 noviembre, 2019 - 2 noviembre, 2019

Chantada

Chantada, Lugo 27500
+ Google Map