Cargando Eventos

Festival de Nadal da Escola de Música

Esta semana mesma arranca o ineludible festival da Casa da Música de Chantada. Todas e todos os alumnos das máis diversas disciplinas pasarán polo escenario do auditorio municipal nos vindeiros días:

O martes, 10 de decembro, comezarán con ballet, acordeón e piano ás 19.00h.

O venres, 13 dedecembro,ás 12.00h. será a quenda dos usuarios e usuarias de Asdeme coa súa actuación tradicional por estas datas.

O mércores 18, tempo para a música moderna e os combos rock ás 20.00h.

O xoves 19 terá lugar o show de ballet e danza moderna a partir das 19.30 h.

Banda e grupos infantís, percusión e vento daranse cita os sábado, 21 de decembro ás 21.00h.

18 diciembre, 2019 - 29 diciembre, 2019

Chantada

Praza de Galicia
Chantada, Lugo 27500 Spain
+ Google Map