Iniciación á cata de viño
Continúan as accións para espallar a cultura do viño entre a veciñanza. Desta volta, o Ateneo de Monforte levará a cabo unha cata de iniciación o día 3 de decemebro.
Será ás 20.15 horas e ten un prezo de 10 euros para o público en xeral e de 5 para os socios do Casino de Monforte. Juanjo Figueroa, director técnico do curso superior de sumiller profesional do Instituto Galego do Viño será o encargado de impartir esta actividade na que se catarán 5 viños e sumiller da viñoteca viguesa Lume de Carozo.
Para inscribrirse é preciso facelo a través do teléfono 648 435 033 xa que as prazas son limitadas.