Mostra de Teatro popular Maruxa Villanueva
O colectivo chantadino Faro Miño e o Concello de Chantada póñense unha vez máis de acordo para cumprir ca xa clásica semana de teatro popular da vila do Asma. Cada verán a praza do Cantón convértese nun escenario aberto que contribúe a difundir o teatro popular e tamén algunha compañía máis profesional que sempre se achega a este cartel. Son 29 anos nos que non falta a mostra de teatro popular Maruxa Villanueva na programación cultural da Ribeira Sacra. Sesións de balde cada noite dende o luns e deica o xoves ás 22.00 h. Para pechar os anfitrións cun novo traballo de colleita propia e para abrir os usuarios da asociación Prodeme de Monforte.