Cargando Eventos

Outono Xeolóxico nas Montañas do Courel

Organizador: Concello de Ribas de Sil
Co outono caen as castañas, cae a folla, saen os cogomelos e chega o tempo das matanzas, e tamén chega o Outono Xeolóxico nas Montañas do Courel. Tres xornadas repartidas entre San Clodio, Quiroga e Folgoso con moitas e interesantes charlas complementadas con saídas polo territorio.
A primeira das xornadas leva por título ‘Ouro, romanos e montañas do Courel’ e terá lugar no Salón de Actos de San Clodio o sábado 26 de setembro. Comezará ás once da mañá.
O resto do programa, continuará os días 3 e 4 de outubro centrado no glaciarismo e vexetación do pasado nas montañas da zona. En novembro, os días 21 e 22 a temática das charlas e visitas estará centrada nas idades xeolóxicas e as rochas do xeoparque.
Información e inscricións en info@ribeirasacracourel.es
26 septiembre, 2020

Ribas do Sil

San Clodio, Lugo 27310
+ Google Map