Ruliña Market
Organizador:
Ruliña Market
Os produtos ecolóxicos, sostibles, de cercanía e artesáns van atopando o seu oco na cesta da compra. Os organizadores do Ruliña Market queren ser o primeiro mercado da Ribeira Sacra para estes produtos asociados á vida saudable e á conservación do medioambiente. O Domingo 14 de abril de once da mañá ás tres da tarde estarán na Praza Maior de Escairón.