Cargando Eventos

Sendeirismo e enoturismo por Pombeiro

Organizador: Ruta do Viño da Ribeira Sacra

O 27 de abril, o Concello de Pantón será o escenario escollido para unha ruta enoturística. Percorrerá a zona de Pombeiro e terá unha dificultade media no que se refire ao percorrido de sendeirismo. Entre as paradas de interese están os sartegos do Preguntoiro, a igrexa románica de Pombeiro e visita a unha adega da zona. A actividade está impulsada pola Ruta do Viño da Ribeira Sacra en colaboración coa firma Máis que Románico.

Información e reservas : rutavino@ribeirasacra.org /telf. 698 167 991

Foto: Máis que Románico Rutas

27 abril, 2019

9:30 am - 2:00 pm

Sin localización