Taller de danza contemporánea con Chey Jurado
Da danza contemporánea para os máis profesionais, á aprendizaxe para afeccionados. O Sacra Experiencie ten aberto un intenso programa formativo en distintas disciplinas creativas na Ribeira Sacra. Do 14 ao 16 de maio Chey Jurado (bailarín e coreógrafo) impartirá unha formación en Pincelo e noutros recuchos a carón do río Miño.
Jurado é un bailarín que se iniciou de maneira autodidacta a mediados de 2005 en estilos de danza vencellados á cultura HipHop (bboying, popping y locking). Neste tempo, varios títulos acredítano como un dos bailaríns españois máis representativos no panorama internacional. Foi catro veces gañador da Redbull BCone Spain, Best Showcase en Battle Of The Year, Juste Debout experimental winner, Best performance en Open Your Mind, convidade en I love this dance, ganador de who got the flower , entre outros méritos.
Ao longo da súa traxectoria comeza a relacionarse coas artes escénicas e a danza contemporánea e forma parte de varias compañías contemporáneas, circenses e de flamenco como La Veronal, Roberto Olivan, Cía Elias Aguirre, Rojas & Rodriguez, Perfordance…
Este obradoiro profundará en diferentes aspectos da danza contemporánea. Precio: 250 € todo incluido (300 € con habitación individual) .Máis información sobre prezos e inscricións neste e noutros programas formativos en : sacraexperience.com/gl/sacraforma