Cargando Eventos

Teatro para o Día das Letras Galegas

O día das Letras Galegas Pantón celebrarao con teatro galego. A compañía Bátega estará en Ferreira para compartir unha función de O Mundo de Martiña. Será ao aire libre se o tempo o permite, na Praza do Concello, e no caso de chuvia trasladarase ao salón de actos municipal. A representación comezará ás 18.00 h. e será de balde para as/os asistentes. O Concello de Pantón e a Deputación de Lugo colaboran nesta actividade cultural.

17 mayo, 2021

6:00 pm - 7:00 pm

Pantón

Ferreira, Lugo 27437 Spain
+ Google Map