Xornada sobre ecofeminismo e sostibilidade en Castro
Este sábado, 31 de xullo, Castro de Carballedo será o lugar escollido para unha interesante xornada sobre “Sostibilidade, Ecofeminismo e Mulleres Rurais” . Será en concreto na Oficina de Turismo de Carballedo, emprazada na localidade de Castro e está impulsada dende o Grupo de Desenvolvemento Rural Miño-Ulla e a Asociación de Veciños O Bubaíño de Castro.
A ONG Solidariedade Internacional Galicia será a encargada de abrir esta xornada ás 10.00h. falando sobre comercio xusto e ofrecendo a oportunidade de catar distintos tipos de cacao producido e comercializado baixo estes parámetros.
Máis adiante, arredor das 12.00h., será o momento para falar sobre ecofeminismos con Rosa Arcos Caamaño, ex presidenta da Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia- FADEMUR-, Beatriz Rodriguez Morales, enxeñeira de Montes, e Berta Figueiras Grobas, fundadora do colectivo Loairas, promotor de transicións ecosociais, a través de ecofeminismos, artes e da interseccionalidade.
Xa pola tarde, ás 16.00h., estarán presentes neste encontro varios/as representantes de proxectos como son a asociación As Espigadoras, Casa da Ponte Asociación Pedagóxica e Granxa Casa da Fonte.
Para obter máis información e poder inscribirse poden facelo a través do Facebook do colectivo veciñal O Bubaíño de Castro ou do GDR Miño- Ulla. Tamén a través deste formulario:https://forms.gle/FHkZd2NcJR3idu5E8