Concellos
Data inicial
Data final
Redacción | 2 de setembro 2019
A Ribeira Sacra tira da escena musical galega e local para os festivais que son tendencia, pero tamén para algúns dos imprescindibles festexos patronais como é o caso de Chantada. O municipio comezaba os días grandes diversificando espazos para as actuacións e dirixíndose quizáis a un público algo máis mozo e amante da música en directo. Desta volta os concertos que tradicionalmente abren as Festas do Carme escolleron ao grupo local emerxente Fábrica de Espejos, aos máis veteráns veciños lugueses de Disco Las Palmeras e a un imprescindible do baile nos festivais deste verán, Ortiga.
Ayuntamiento

Chantada
Saber más