Conectando Territorio: Tardes de inverno en Esgos. Obradoiros audiovisuais na Ribeira Sacra

Esgos
20 abril 2020
Educación
Redacción | 20 de abril de 2020
O municipio de Esgos é terra de albardeiros, barquilleiros, ferreiros ou afiadores. Tamén de historias tráxicas con parte de verdade e lendas como é a de Romasanta, o lobisome, o sacauntos… Lugar que sinalan que é a orixe da simbólica Ribeira Sacra no seu centro espiritual, o eremitorio de San Pedro de Rocas…
Aquí non hai cole, porque quizáis as nenas e os nenos, dispersos/as no territorio e escasos/as nas ratios, non son suficientes para manter hoxe en día unha escola no municipio, así que acoden a distintos centros educativos de municipios próximos. Sen embargo, as tardes de encontro na rúa son sagradas e a biblioteca municipal serve de punto de dinamización. Tanto ten que chova ou vente: merendas conxuntas, xogos en liberdade, e moita aprendizaxe. Unha mestura da memoria dos avós e acceso ás novas tecnoloxías fixo un tesouro das tardes de inverno que compartimos coa rapazada do rural. Nun lugar onde se percible comunidade e no que conviven o barallete ou calquera idioma universal.
Ayuntamiento