Concellos
Data inicial
Data final
Redacción | 21 de agosto de 2019
O Folión de Carros é Chantada, e Chantada é tamén, en boa parte, o seu Folión. Por iso, algo do seu futuro pasa tamén por manter esta tradición e non hai mellor maneira de facelo que implicando ás novas xeracións. Pero a participación verdadeira e natural faise dende a educación e a liberdade dos máis pequenos para crear. O colectivo Amigos do Folión leva uns anos deixando aos pequenos e pequenas crear distintos murais alusivos a esta festa por distintos recunchos da vila. É un xeito de divulgar o evento, facelo presente, mellorar esteticamente algúns espazos e cumprir coa meta de facer o Folión dende a infancia.
Ayuntamiento

Chantada
Saber más