Concellos
Data inicial
Data final
Redacción | 22 de agosto de 2019
O obradoiro de construcción de historias está a pleno rendemento estes días. O verdadeiro Folión de Carros comeza no mercado gandeiro de Chantada semanas antes do desfile. Os carroceiros e as carroceiras traballan aquí en comuñón durante días e noites e o proceso é precisamente a esencia deste evento que transcende á gran noite na que ten lugar o punto álxido e todo remata ata o seguinte verán. O Folión de Carros é escola de carpinteiros, de ferreiros e de albaneles de varias xeracións, pero tamén escola de investigación e construción de memoria colectiva dun pobo.
Ayuntamiento

Chantada
Saber más