Concellos
Data inicial
Data final
Redacción| 23 de agosto de 2019
En Chantada prepáranse para os seus festexos cunhas Olimpíadas. Son as Olimpìadas Rurais que un grupo de veciños idearon hai xa 12 anos co fin de promover o xogo, a competitividade sana e a diversión nunhas orixinais probas que sempre teñen como base os traballos no agro e a esencia rural do pobo. Distintos equipos compiten no campo da feira vello, convertido en parque para o recreo, en probas clásicas da convocatoria como son o lanzamento de pacas, ou a rodaxe de bolos de herba. A imaxinación dos organizadores trasládase en cada edición con apostas novidosas e xincanas que supoñen unha sorpresa para os e as deportistas olímpicos de Chantada, cada vez máis preparados para o asunto.
Ayuntamiento

Chantada
Saber más