Protagonistas na Feira do Viño de Chantada 2020

Chantada
11 marzo 2020
Enología
Redacción | 11 de marzo de 2020
A Feira do Viño de Chantada abriu, coma sempre, o almanaque de citas co viño da última colleita na Ribeira Sacra. Foi unha fin de semana de encontro multisectorial e festivo na que dende o turismo deica ao sector gandeiro estiveron represetados e sacaron tallada e promoción, entre copas de viño e racións de polbo que se serviron de xeito continuado durante dous días e medio. A cata oficial, a popular, novas propostas como o túnel do viño, ambientación musical, verbenas e sobre todo un crecente interese polo viño das 14 adegas da subzona que foron as verdadeiras protagonistas dun evento que tivo varios guiños coa conmemoración do 8M.

Ayuntamiento
Ayuntamiento Chantada
Chantada Saber más