Rufo García estreará 'Urdimbre' no Fancine de Lemos

Do 21 ao 25 de xullo este certame, que chega á súa sétima
edición en Monforte de Lemos contará, entre outras, con esta curtametraxe que
“viaxa entre o técnico e o artístico” e que relata o momento de dúas persoas
que viven a desaparición dun ser querido. O director xoga coas distintas
maneiras de afrontar estes primeiros momentos que pode ter cadaquén.
Rufo García ten un longo currículo profesional vencellado ao
mundo do son e participou xa en tres filmes de ficción, sete documentais, dúas
series e outras seis curtas, ademáis da
realización en eventos sociais, políticos e deportivos. ‘Os días afogados’ ou
‘Tempo’ son títulos nos que ten participado, todos eles vencellados a
produtoras e cineastas do territorio. Agora, co lanzamento na localidade do
Cabe da súa súa opera prima cumpre un pequeno soño que naceu tamén aquí e ten
manufactura local na súa totalidade.
Aquí a ligazón ao tráiler de ‘Urdimbre’ e outras de
interese:
Trailer: https://vimeo.com/569856595
Facebook:
https://www.facebook.com/urdimbre.corto