Concellos
Data inicial
Data final
O escritor Xavier
Alcalá e quen da nome a un dos personaxes da súa última novela, o chantadino José Manuel (Cuqui) Silva,
conversan amplamente nesta entrevista arredor da que o propio autor refire como
unha historia da historia. Así, o como se fixo ou ‘The making of’ é o título do
último libro no que entra en xogo a investigación sobre unha parte da historia
non tan coñecida dos círculos de apoio ao Terceiro Reich pola zona da
Patagonia. A historia dun emigrante galego por esas latitudes e as súas vivencias
entre a delincuencia, a picaresca e a supervivencia entre outros moitos
factores que compoñen, para un destes dous conversadores, “unha das mellores
obras de Alcalá”. No vídeo asistimos a un diálogo sobre literatura, sobre a
vida e sobre os aconteceres e, en definitiva, á charla entre dous amigos, dos
de sempre, no día no que a novela foi presentada en Chantada.
Agradecementos:
Hotel Mogay
