Concellos
Data inicial
Data final
Redacción | 20 de agosto de 2019
O FICH regresou a Chantada esta fin de semana. Un verán de festivais no que non podía faltar esta cita made in Chantada, dende a Ribeira Sacra. O Festival Independente de Chantada nacía hai preto dunha década grazas ás inquedanzas dun grupo de mozas e mozos do municipio con empeño pola música de selo independente e as bandas e músicos emerxentes. Hoxe impera a variedade de propostas e estilos dentro deste abano. Máis de 20 actuacións repartidas en tres días e varios escenarios diurnos e nocturnos entre a vila e a ribeira, os exteriores e os locais de copas. Accións con entrada libre nalgúns casos e tamén axenda de actividades infantís e bandas visitantes e locais xunto aos DJ's que fixeron bailar ao público de xeito continuo.
Ayuntamiento

Chantada
Saber más