Unha doble mostra recolle a obra do artista e arquitecto Manuel Jorge

Chantada
15 septiembre 2018
Cultura
Redacción | 15 de setembro 2018
A exposición Manuel Jorge. Obras pictóricas 1958-2017 achéganos á súa obra nunha doble exposición. No Museo Provincial de Lugo podemos ver unha retrospectiva da obra deste arquitecto e pintor de 89 anos. No Auditorio Municipal de Chantada, a súa vila natal, o último das súas pezas. Un comisariado de Alba Sánchez que incide na forte ollada galega da obra dun artista migrado dende ben novo.
Máis de 2000 obras compoñen a obra de Manuel Jorge. Está íntegra, nunca vendeu ningunha peza. Lonxe disto sempre a agochou na intimidade do seu estudio con relativo pudor. Porque este chantadino afincado en Xàbia alcanzou grande éxito na súa vida profesional como arquitecto mais nunca se considerou a si mesmo de artista. A artista da familia era a súa compañeira Cristina Snellman.

A comisaria Alba Sánchez tráenos o máis novo da obra de Manuel Jorge, obra abstracta desenvolvida entre 2016 e 2017, que se caracteriza polo grande formato e a súa intensa cor. É a segunda exposición que este artista fai en Galiza tras Pinceladas galegas, trazos mediterráneos (2016). Nela o público chantadino puido ver unha retrospectiva moi completa pola súa obra.

A exposición está coordinada pola Asociación de Amigos de Manuel Jorge. Dende a súa constitución en 2017 desenvolve un amplo catálogo de accións de divulgación da súa figura entre o cal destacan concursos fotográficos, accións pedagóxicas e publicacións. O seu bxectivo a medio prazo é traer a obra de Manuel Jorge para a súa terra natal para o seu estudo, custodia e para que sirva de referencia para novos e novas artistas da zona.Ata o 11 de novembro poderemos gozar do máis novo da obra deste artista e mergullarnos no seu universo abstracto de cor e luz.



 
Ayuntamiento
Ayuntamiento Chantada
Chantada Saber más