Cargando Eventos

Programa de Cultura e Ocio en Sober

Protagonista: Concello de Sober

O Concello de Sober pón en marcha unha ampla axenda de accións culturais para o que resta de verán. Trátase dun programa con opcións para todos os públicos e repartidas en distintas localizacións cumprindo coas
normas e esixencias que impoñen as autoridades sanitarias. Así,manteranse as distancias de seguridade e será obrigatorio o uso da máscara.

21 de agosto/ Ás 19:00 horas nas piscinas municipais actuación de Xoán Curiel, que presentará o seu espectáculo ‘Como montar a túa banda de verán’, un conto-concerto pensado para o público familiar.

22 de agosto/ O día 22 de agosto ás 20:00 horas Carlos Núñez ofrece un concerto nos xardíns do Hotel Pazo de Sober no marco da súa xira ‘Lugares Máxicos’. As entradas están á venda en entradas.ataquilla.com. É o único concerto
da xira que o músico vai ofrecer na provincia de Lugo.

23 de agosto/ O día 23 de agosto ás 20:00 horas a Banda de Música de Sober ofrecerá o ‘Concerto para unha nova era’ nun marco exterior incomparable, Os Chancís.

28 de agosto/ O 28 de agosto ás 22:00 horas a Banda de Música de Sober ofrecerá o concerto á luz da lúa na Praza do Toural.

5 de setembro/ A Praza do Pulpo acollerá o espectáculo de Carta de Ajuste baixo o título ‘O mellor e o peor dos 80 e 90 en concerto’.

Festas do Carme

19 de setembro/ A Charanga Ardores dará un concerto-vermú ás 12:30 horas e ás 13:30 horas na Praza do Concello. O mesmo día ás 19:00 horas na Praza do Toural Pequeno Cabaret Infantil protagonizará un espectáculo de rúa con Nelson Quinteiro.

20 de setembro/ A Banda de Música de Sober fará un pasacalle, procesión e concerto coincidindo coa celebración da Virxe do Carme. Ás 12:30 horas do mesmo día Os Monifates ofrecerán un espectáculo de rúa de música tradicional na Praza do Concello. E ás 19:00 horas haberá un espectáculo de maxia con Dani García na Praza do Toural.

 

21 Agosto, 2020 - 20 Setembro, 2020

Sober

Praza do Concello s/n
Sober, Lugo 27460 Spain