Cargando Eventos

Xornada Loitando contra a Pobreza dende o Rural

Protagonista: EAPN Galicia

O 4 de decembro pola mañá, EAPN-Galicia organiza unha xornada on line de ideas para a loita contra a pobreza e a exclusión social dende o rural. A idea e o debate para afrontar a desigualdade territorial no acceso a dereitos como a vivenda e o emprego. O evento está dirixido a entidades e persoas vencelladas ao medio rural.

O encontro partirá dun diálogo inicial moderado pola presidenta de COCEDER España, Tamara Balboa, xunto con representantes técnicos das Consellerías de Medio Rural e Política Social, un panel de experiencias no que xa está confirmada a participación de organizacións como CDR O Viso, Federacion Galega de Turismo Rural, Daqui Darredor, Milhulloa ou COGAMI e, por último, traballo en grupos no que as persoas participantes poderán validar as demandas xa formuladas ende EAPN ás distintas forzas políticas, así como identificar novas propostas e medidas de actuación.  

información e inscricións>>>

http://eapn-galicia.com/inscribete-para-loitar-contra-a-pobreza-e-a-exclusion-dende-o-rural/

 

PROGRAMA

09.30 – Benvida e inauguración

09.40 – Diálogo ‘A loita contra a pobreza no rural en Galicia e España’

Presenta e modera: Tamara Balboa, presidenta COCEDER España

Representantes das Consellerías de Medio Rural e Política Social

10.30 – Panel de experiencias: Aprendizaxes e propostas dende as boas prácticas

Antonio R. Corval, vogal do CDR O Viso

Francisco Almuíña, presidente da Federación Galega de Turismo Rural (FEGATUR)

Manuel Rey, Asociación Daqui Darredor

Milhulloa

Nano Caamaño, coordinador fortalecemento do movemento asociativo en COGAMI

Nuria AlonsoFundación Entretantos

12.00 – Descanso

12.15 – Traballo en grupos simultáneos:

· Mesa Pobreza e Exclusión
· Mesa Vivenda Accesible
· Mesa Emprego Inclusivo

13.15 – Conclusións en plenario

13.45 – Clausura da xornada

 

4 Decembro, 2020

9:00 a.m. - 1:30 p.m.

Ribeira Sacra

Spain
+ Google Map