Cargando Eventos

Imaxes da ‘Pandemia Virtual’

Protagonista: Biblioteca Municipal do Saviñao
A Biblioteca Pública Municipal do Saviñao reabre coa exposición fotográfica Horizaontes, de Ángel Utrera. En palabras do autor:
“Con Pandemia Virtual, pretendo establecer un diálogo interior comigo mesmo sen palabras e a través das imaxes visualizadas dende o obxectivo da miña cámara fotográfica, no que me recoñezo e identifico na soidade, os claro escuros, o medo e o silencio individual e individualista, no que mergullo descaradamente sen escusas, buscando deixar espido a través dunha foto esta ausencia de solidariedade e contacto físico, deste novo Virus, que resulta ser o egoísmo individualista do fascismo social provocado por esta nova normalidade absurda, irreal e fría, na que a ausencia do contacto nos está a converter en autómatas”.
A mostra poderá visitarse do 22 de febreiro ó 5 de marzo no baixo da Biblioteca Pública Municipal do Saviñao, no mesmo horario de atención ó público da biblioteca (de 10 a 13.30 e de 16.30 a 19.30), coas mesmas restricións de acceso que ao resto das instalacións: máscara, distancia de seguridade e uso de xel hidroalcohólico dispoñible á entrada das instalacións.

22 Febreiro, 2021 - 5 Marzo, 2021

O Saviñao

Doutor Portela
Escairón, Lugo 27540 Spain
+ Google Map