Cargando Eventos

Festival son D’Aldea

Protagonista: Asociación Son D’Aldea

A parroquia de Santiago de Albá, en Palas de Rei, acollerá o 3 e 4 de setembro a décima edición do Son D’Aldea. Busca recordar a época de esplendor do mundo rural e reivindicar as súas posibilidades económicas .  Terá lugar o 3 e 4 de setembro. A décima edición deste evento reunirá, na parroquia de Santiago de Alba a 300 persoas nun “encontro que permite vivir en primeira persoa como era a vida da aldea nos anos 40 e 50 e manter a lembranza de cando o rural era o motor da economía e tradición.

O servizo de audiovisuais da Deputación Provincial realizará unha peza para darlle visibilidade ao evento. Durante dous días os asistentes poderán desfrutar de gran variedade de actividades, como actuacións musicais, rutas teatralizadas ou conferencias. Para a reserva de prazas e maior información pódese visitar a web de Son d’Aldea, https://sondaldea.es/

Programa

Venres 3 de setembro:
– 17:00 Xornadas de debate: Intervención Social no Medio Rural
Conferenciantes: Manuel Vieites e Alicia González
– 20:00 horas: Presentación dos libros: Son’Aldea 2016 e Son d’Aldea 2019
– 20:30 horas: Actuación do grupo “Comando Curixás”
Sábado 4 de setembro:
– 10:00 horas: Roteiro teatral
– 15:00 horas: Xantar na Aldea
– 17:00 horas: Xogos Populares
– 19:00 horas: Contacontos de Celso Sanmartín
– 21:00 horas: Actuación de Luar na Lubre

 

Fotografía: Casa do Romualdo

3 Setembro, 2021 - 4 Setembro, 2021

Palas de Rei, Lugo Spain
+ Google Map