Cargando Eventos

Noite de meigas en Taboada

Protagonista: Concello de Taboada

O 31 de outubro dende as 17.00 horas Taboada festexará o Samaín cunha noite de meigas. As persoas que vaian ataviadas acorde con esta celebración ou decoren as típicas cabazas terroríficas poderán gozar de agasallos e unha merenda. A actividade está especialmente pensada para nenas e nenos de 3 a 12 anos e celebrarase na Alameda da vila.

O Concello de Taboada terá tamén un obradoiro de traballos manuais con cabazas, as persoas que desexen participar nel terán que inscribirse previamente no Concello. Todo rematará cun baile de disfraces e moitas sorpresas.

31 Outubro, 2021

5:00 p.m. - 8:00 p.m.

Taboada

Taboada, Lugo 27550
+ Google Map